Ola a todas e todos!!!
Xa está a piques de chegar o día!!!
O noso alumnado xa está preparándose para vivir unha nova aventura nos diferentes lugares onde van a realizar as FCT, e onde vivirán unha nova experiencia que recordarán toda a súa vida.
Mentras empaquetan os seus soños, desexos e, tamén hai que dicilo, medos, inquedanzas e nervos, están dando un paso cara adiante no seu futuro.
Isto non é doado, pero unha vez que saímos da nosa zona de confort, todo é posible.
Nesta experiencia van, non só a coñecer unha nova cultura e formas de traballar, tamén se van a coñecer mellor así mesmos, algo fundamental hoxe en día dado a gran cantidade de retos aos que nos temos que enfrontar no noso día a día.
Os lugares nos que o noso alumnado vivirá esta gran experiencia, son moi variados.
Así, o alumnado de Ciclo Superior vai a estar en: Forlí, Trento, Lisboa, Chaves e Óbidos.
No tocante ao alumnado de Ciclo Medio, vai a realizar as prácticas en Vila Nova de Farmalicao, Monçao, Vila Nova de Cerveira, Oporto, Lisboa, Figueira da Foz e Wroclaw.
Tamén, temos a alumnado recén titulado en Monçao e Vila Nova de Cerveira.
Esperemos que a medida que se van situando e nos van contando a súa experiencia, poder contárvola e que prenda en vós esa semilla.
Mentres tanto… desexar a todas e todos os nosos compañeiros que aprendan moito, se enriquezan coas distintas metodoloxías de traballo e disfruten desta experiencia.
Pero, igual que os nosos compañeiros e compañeiras parten… outras chegan, é o caso de Mira e Vilhemiina, dúas rapazas Finlandesas que decidiron visitarnos para realizar as súas prácticas aquí, en Ourense.