
Na escola infantil, hai un ambiente moi bo, tratandoo como un traballador máis, deixándolle experimentar para que así poida aprender moito máis e realizando tarefas variadas como cambio de pañais, reflexionar sobre como planificar os días especiais, axudar nas sestas, merendas…
Anxo está moi contento, a experiencia serviulle para cambiar a súa forma de pensar, él pensaba (e seguro que algúns de vós tamén) que algúns módulos non lle servirían para un futuro, pero deuse conta que todo o que se deu ao longo do ciclo é moi importante para traballar cos nenos.
Ademáis, é isto fíxolle especial ilusión, un pai dun alumno díxolle que o seu fillo non paraba de falar del.
No tocante ao idioma, é parecido ao Galego e a medida que vai facendo o seu día a día e relacionándose con máis persoas vai adquirindo máis vocabulario e soltura.
Está moi contento coa decisión que tomou, non só porque é unha moi boa oportunidade de aprender un idioma dunha forma real e práctica, tamén é moi boa para coñecer outra cultura, outros lugares e en definitiva, aprender a desenvolverse por un mesmo, gañando autonomía a hora de encarar calquera problema que nos poida xurdir.