Blog

Benvidos!!!

Este é ó noso blog do departamento de Internacionais, aquí recolleremos información de interese xeral (convocatorias, prazos, novidades, etc.), experiencias de antigos alumnos que estiveron ou están actualmente realizando as súas mobilidades e, en definitiva toda aquela información que poida ser do voso interese.

Realizar unha estadía ERASMUS+, resulta unha experiencia enriquecedora en todos os planos, por iso vós deixamos algún aspectos que podedes ter en conta para valorar esta posibilidade!

  • Cursar unha beca ERASMUS+ é unha experiencia que te aporta madurez, axudarate a mellorar como persoa ao obrigarte a sair da túa zona de confort e enfrontarte a novos retos.
  • Ter unha experiencia formativa no ámbito laboral no estranxeiro, o que sen dúbida dará valor engadido ao teu CV, aparte de coñecer novas metodoloxías e formas de traballar.
  • Perfeccionar o coñecemento do inglés e do idioma do país de destino, algo fundamental hoxe en día.
  • Coñecer e aprender a respectar otras culturas e modelos de vida o que de paso axudarate a valorar máis o noso acervo cultural.
  • Ao estar nun novo país, sen estar ao paraugas da túa familia e amigos desenvolveras unha gran capacidade de adaptación, superación de diferentes retos, o que sen dúbida e unha calidade que te axudará non só no momento que estes no mundo laboral, senón no teu día a día a hora de enfrontarte cos problemas que poidan xurdir debido a independencia gañada…
  • É unha oportunidade única para coñecer mundo e crear novos lazos con persoas doutras culturas, creándose un vínculo que en moitos casos perdurará no resto das vosas vidas.